681 shaares
51 private links
51 private links
O que hoxe vemos é unha ruína moi alterada polos tempos pero, á sua vez, preservada insolitamente polas augas. As bases do antigo castelo foron convertidas en viñas, e o espazo defensivo alterouse ao longo dos séculos de intensa explotación agraria. Un imponente camiño conduce desde esta ladeira, por un estreito paso nestes momentos baixo as augas, ata a fortaleza. Desde onde estamos, na ladeira de enfronte, podo recoñecer parte das ruínas. Contrasto o que vexo neste dia luminoso con outra ollada, a través do tempo, descrita a princípios do século XX; desde 1907 fálame ao oído neste novo episodio da República de Homes Libres, dános pistas, téndenos trampas. Que aventura cultural!