554 shaares
34 private links
34 private links
O Concello de Teo pon en marcha un Banco Municipal de Electrónica, que funcionará nun local na rúa Ameneiro nos Tilos. Este novo servizo inaugúrase o vindeiro martes 10 de outubro e funcionará grazas á implicación de persoal voluntario. Este servizo recollerá ordenadores e teléfonos móbiles que os seus propietarios doen, e daranlle unha nova vida, preparándoos para ser reempregados por usuarios que os precisen e non dispoñan de medios económicos para adquirilos novos.O horario de recollida de doazóns é de 5 a 8 da tarde, todos os xoves laborais no local do Banco Municipal de Electrónica.