Daily Shaarli
October 29, 2025
Un atlas recoñece 33 montes veciñais en Galicia pola súa conservación e prevención de incendios - Praza Pública
Máis de 30 comunidades de montes galegas recoñecidas polas súas boas prácticas en materia de conservación da biodiversidade e prevención dos incendios forestais. O proxecto Caprif-CC vén de facer pública o Atlas de áreas conservadas por comunidades locais onde se recollen estes "casos de éxito", detallando as súas características, desde as súas dimensións ata a forma xurídica, pasando polo número de comuneiros e comuneiras que o compoñen, o seu contexto histórico, as actividades e iniciativas desenvolvidas ou os logros en prol da recuperación dos ecosistemas.