Daily Shaarli
May 23, 2025
Disposición del Diario Oficial de Galicia polo que se publica a resolución de clasificación do monte San Vitorio, do concello do Saviñao (expediente 3/2023).
O visualizador de mapas é unha aplicación que permite o acceso aos servizos de visualización, consulta e análise de información xeográfica de Galicia, publicando cartografía relacionada con temas como as vías de comunicación, o relevo, a hidrografía, os límites administrativos, os usos do solo, e os espazos protexidos, entre outros.
Esta información pódese ver sobre diferentes cartografías base (topográfica, ortofotos actuais, ortofotos históricas, relevo, etc...) e é posible engadir conxuntos de datos espaciais procedentes doutros organismos mediante o uso dos estándares internacionais para o acceso á información xeográfica.
Neste mapa pódense visualizar, entre outras cousas, os límites parroquiais e a pertenza das fincas rústicas a unha ou outra parroquia.